MADEINUSA
Claudia Llosa, 2006.
104´. Subtítulos en castelán.
MADEINUSA
(Perú-España, 2006)
Dirección e guión: Claudia Llosa. Produción: Oberón Cinematográfica, Wanda Visión e Vela Producciones. Fotografía: Raúl Pérez Ureta. Intérpretes: Magaly Solier, Carlos J. De la Torre. Duración: 104 minutos.
Premiada en Rotterdam, Mar del Plata e Cartagena, competiu tamén en Sundance. Un mozo limeño, Salvador, chega a unha vila imaxinaria dos Andes peruanos chamada Manayaycuna ("a vila onde ninguén pode entrar" en quechua) durante a Semana Santa. Na vila séguese unha tradición pola que desde as tres da tarde do Venres Santo ata as seis da mañá do domingo de Resurrección nada se considera pecado, xa que Deus morreu e non pode ver o que pasa. Salvador coñece a Madeinusa e inician unha relación.