LUZ SILENCIOSA
Carlos Reygadas, 2007
127´. Subtítulos en castelán.
STELLET LICHT / LUZ SILENCIOSA
(México-Francia-Holanda-Alemaña, 2007)
Dirección e guión: Carlos Reygadas. Produción: Mantarraya Producciones. Fotografía: Alexis Zabé. Intérpretes: Cornelio Wall, Miriam Toews. Duración: 127 minutos.
Os menonitas chegaron a América no século XVI para instalarse en pequenas comunidades autosuficientes asentadas sobre os principios da súa relixión, escisión da Igrexa Luterana Reformada de Holanda. No norte de México existe unha destas comunidades. Viven como os seus antepasados e falan o holandés de entón. Núcleo endogámico, alleo a influencias externas, Johan sempre soubo facer fronte ás tentacións do demo, pero a súa vida (e a da súa familia) está desfeita porque namorou doutra muller. O paso de Reygadas a un cine de redención foi premiado polo Xurado de Cannes.