![Luces de variedades Luces de variedades](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_2444.jpg?itok=3_bau6Vw)
Luces de variedades
Alberto Lattuada e Federico Fellini, 1950
93'. Subtítulos galego.
LUCI DEL VARIETÀ / LUCES DE VARIEDADES
(Italia, 1950)
Dirección: Alberto Lattuada e Federico Fellini. Guión: Federico Fellini, Alberto Lattauda, Ennnio Plaiano e Tullio Pinelli. Produción: Capitolium Films. Fotografía: Otello Martelli. Intérpretes: Peppino de Filippo, Carla del Poggio, Giulietta Massina. Duración: 93 minutos.
Primeira película dirixida por Fellini, para a ocasión emparellado con Alberto Lattuada, un director co que Fellini colaborara en tres guións distintos durante a década saínte. Aproximación ao mundo artístico, aquí un grupo de variedades, no filme –como acontece en El jeque blanco- asoma a vertente cómica do autor de Rimini. Lattuada e Fellini tiveron as súas mulleres (Carla del Poggio e Giulietta Massina) como protagonistas. A historia amorosa entre Checco, un artista xa maior, e Liliana, acabada de chegar, define unha comedia xa exuberante e moi particular, que contén moitos elementos realistas e prefigura a estrutura narrativa e os ambientes de La Strada.