LOUISE-MICHEL
Benoît Delépine e Gustave Kervern, 2008.
94´. Subtítulos en castelán.
LOUISE-MICHEL
(Francia, 2008)
Dirección e guión: Benoît Delépine e Gustave Kervern. Produción: MNP Enterprise. Fotografía: Hughes Poulain. Intérpretes: Yolande Moreau, Bouli Lanners, Mathieu Kassovitz. Duración: 94 minutos.
As operarias dunha fábrica de produtos infantís son expulsadas do traballo sen ningunha explicación. Reunidas para decidir que facer, e a proposta dunha delas, Louise, toman a determinación de reunir os cartos de todas as compensacións económicas para contratar a unha persoa que acabe coa vida do responsable de deixalas no paro. Contratan a Michel, un suposto profesional que en realidade non sabe ben como actuar para solventar o encargo. Principalmente porque a factoría pechada pertence a un gran holding multinacional, o que fai extremadamente difícil a tarefa de atopar un responsable exacto sobre o que descargar a ira das traballadoras despedidas… Premiada en Sundance e San Sebastián.