![LOST IN LA MANCHA LOST IN LA MANCHA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_448.jpg?itok=JMUbB3A7)
LOST IN LA MANCHA
L. Pepe e K. Fulton, 2002
90’. Subtítulos en castelán.
LOST IN LA MANCHA
(Gran Bretaña, 2002)
Dirección: Louis Pepe e Keith Fulton. Produción: Lucy Darwin para Quixote Films, Low Key Pictures e Eastcroft Productions. Fotografía: Keith Fulton. Intérpretes: Terry Gilliam, Johnny Depp, Jean Rochefort, Tony Grisoni. Dur.: 90 min.
Documental-crónica dun naufraxio, a accidentada e interrompida rodaxe de “The man who killed Don Quixote” que dirixía o pasional ex-Monty Python Terry Gilliam con Johhny Depp e Jean Rochefort como protagonistas. Narrada polo actor Jeff Bridges, albíscanse as cinzas dunha proposta metamorfose frustrada das ilustracións de Gustave Doré e imaxinativa viaxe polo tempo, onde o barroco director atopaba analoxías entre o seu universo creador e as propias características simbólicas modernas do personaxe, soñador e idealista.