Lola Montes
Max Ophuls,1955.
116'. Vídeo. Subt. Castelán.
LOLA MONTÈS / LOLA MONTES
(Francia-Alemaña, 1955)
Dirección: Max Ophuls. Guión: Max Ophuls e Annette Wademant, baseados na novela La vida extraordinaria de Lola Montes de Cécil Saint-Laurent. Produción: Gamma Film, Florida Films e Union-Film. Fotografía: Christian Matras. Intérpretes: Martine Carol, Peter Ustinov, Anton Walbrook. Duración: 116 minutos. Lola Montes foi unha cortesá coñecida na Europa do século XIX. Agora é a atracción dun circo de Nova Orleáns, onde un mestre de cerimonias narra a súa escandalosa vida ao público en canto ela realiza un número acrobático. Dono dun romanticismo humanista, Ophuls filma o seu último filme –único en cor–, un brillante resumo da súa obra, estilizada e fermosa. Sen dúbida, un dos clásicos da historia do cine.