Locura de amor
Juan de Orduña, 1948
112'. Vídeo
Locura de amor
(España, 1948)
Dirección: Juan de Orduña. Guión: Carlos Blanco, Alfredo Echegaray, José María Pemán (Obra: Manuel Tamayo y Baus). Fotografía: José F. Aguayo. Intérpretes: Aurora Bautista, Fernando Rey, Sara Montiel, Jorge Mistral, Jesús Tordesillas, Manuel Luna, Juan Espantaleón. Dur: 112'.
Adaptación á gran pantalla do proceso polo que Juana de Trastámara, filla dos Reis Católicos e herdeira ao trono de Castela, entoleceu. O filme incide nos amoríos extramatrimoniais do seu marido, Fernando o Fermoso, como unha das principais causas desta loucura.
A fita, dirixida por un Juan de Orduña que estaba especializado en dramas históricos naquela altura, segue os parámetros da exaltación dos valores patrióticos en figuras da historia de España tratadas con grandilocuencia, e moi habitualmente adaptadas dende o teatro, coma é o caso.
A película foi un dos maiores éxitos de público deste xénero tan característico da posguerra e colocou a Fernando Rey coma un verdadeiro galán. A súa poderosa voz dando vida a Fernando o Fermoso e o seu porte de cabaleiro convertérono nunha das estrelas máis populares do momento.