
Lo que no puede ser visto debe ser mostrado
María Ruido, 2011
12'.Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
LO QUE NO PUEDE SER VISTO DEBE SER MOSTRADO
(España, 2011)
Dirección e guión: María Ruído. Produción: Producciones Doradas. Duración: 12 minutos.
Un documental sobre a memoria da transición, construído a partir de certas producións de cine militante que contradín as imaxes oficiais que elaboraron a nosa memoria do final do franquismo e do inicio da democracia. O título remite á capacidade de visibilizar aquilo que non ten representación. Amósase o que non ten visibilidade (cando menos hexemónica), o que está ausente das políticas da memoria.