
LIVERPOOL
Lisandro Alonso, 2008.
84´.
LIVERPOOL
(Arxentina-Francia-Holanda-Alemaña-España, 2008)
Dirección: Lisandro Alonso. Guión: Lisandro Alonso e Salvador Roselli. Produción: 4L (Arxentina), Fortuna Films (Holanda), Slot Machine (Francia), Eddie Saeta SA (España). Fotografía: Lucio Bonelli. Intérpretes: Juan Fernández, Giselle Irrazabal. Duración: 84 minutos.
Farrel é un mariñeiro que chega a un porto no extremo sur da Arxentina, en Ushuaia, un lugar frío e fermoso, situado na chamada Terra do Fogo. Farrel decide visitar a vila do seu nacemento e ver a súa nai. O pasado, os recordos, quizais reproches acumulados, como di o propio director: “Liverpool déixame cunha impresión de tenrura, máis feminina, máis bonita, máis narrativa, pero ás veces un pouco cruel”. Película gañadora da última edición do Festival de Gijón.