
LET´S GET LOST
Bruce Weber, 1988.
120´. Subtítulos en galego.
LET´S GET LOST
(Estados Unidos, 1988)
Dirección e guión: Bruce Weber. Produción: Little Bear Films, Inc. Fotografía: Jeff Preiss. Intérpretes: Chet Baker, Lisa Marie, William Claxton. Duración: 120 minutos.
As dúas caras do lendario trompetista Chet Baker, rei do cool jazz da Costa Oeste. Do esplendor dos 50, figura ao James Dean e sesións compartidas con Charlie Parker e Gerry Mulligan, á decadencia, o camiño como ser atormentado cara á aniquilación. Weber, fotógrafo de renome e autor de memorables vídeos musicais, relata a vida do jazzman en forma de flashback, nunha construción chea de entrevistas e material de arquivo.