LET THERE BE LIGHT
John Huston, 1945
59’. Subtítulos en galego.
LET THERE BE LIGHT
(Estados Unidos, 1945)
Dirección: John Huston. Guión: Charles Kaufman e John Huston. Produción: Army Pictorial Service of U.S. Signal Corps. Fotografía: Stanley Cortez e John Huston. Duración: 59 minutos.
No hospital militar de Mason atopamos algúns dos veteranos de guerra afectados pola visión do horror. Análise das consecuencias da barbarie bélica, agudo precedente dalgúns casos rexistrados no posterior proxecto de “Freud” que, de paso, lle permitirá aproveitar algunhas imaxes referentes á batalla de Okinawa moitos anos despois nada menos que a Chris Marker en “Level five”.