L’enfance nue
Maurice Pialat, 1968
82’. Subt. Castelán
L´ENFANCE NUE / [A INFANCIA ESPIDA]
(Francia, 1968)
Dirección: Maurice Pialat. Guión: Arlette Langmann e Maurice Pialat. Produción: Parc Film, Films du Carrosse, Renn Productions e Parafrance Films. Fotografía: Claude Beausoleil. Intérpretes: Michel Tarrazon, Marie-Louise Thierry. Duración: 82 minutos.
Primeira longametraxe de Pialat e na que xa amosa a súa persoal perspectiva, un retrato sen disimulos da infancia, observada sen nostalxia nin idealización a través do relato da vida de François, un neno de dez anos que pasa por distintos fogares logo de ser abandonado e confiado aos servizos sociais e que por momentos parece unha copia da nenez demoledora que soportou Jean Genet. Desgarrado e complexo filme que moitos decidiron confrontar a Los cuatrocientos golpes, pese a que o mesmo Truffaut -ao igual que Claude Berri- colaborou na produción desta pertinente opera prima.