LAS NOCHES ROJAS DE HARLEM
Gordon Parks, 1971.
100´. Subtítulos en galego.
SHAFT / LAS NOCHES ROJAS DE HARLEM
(Estados Unidos, 1971)
Dirección: Gordon Parks. Guión: Ernest Tidyman e John D. F. Black, sobre a novela Shaft de Ernest Tidyman. Produción: Metro-Goldwyn-Mayer. Fotografía: Urs Furrer. Intérpretes: Richard Roundtree, Moses Gunn, Charles Cioffi. Duración: 100 minutos.
O detective privado John Shaft vese obrigado a buscar á filla secuestrada dun coñecido mafioso de Harlem. Inauguración dunha auténtica veta na historia do cine, socioloxicamente fecunda, o blaxploitation, un cine realizado e protagonizado por xentes de raza negra que, en plena época contracultural, actuará de subvertente dentro do cine policial dos 70. Nesta película, ademais dos compoñentes heroicos asociados ao personaxe principal, un detalle resulta relevante: existe unha reunión ata entón insólita de tipos (mafiosos, activistas Black Power, un detective todoterreo) que teñen unha maneira autónoma de arranxar as cuestións. Como consecuencia, a policía sempre vai dous pasos por detrás en información e capacidade de resolución. A banda sonora (gañadora do Oscar) e as cancións de Isaac Hayes foron celébres entón.