LAS ALAS DE LA VIDA
Antoni P. Canet, 2006.
94´.
LAS ALAS DE LA VIDA
(España, 2006)
Dirección e produción: Antoni P. Canet. Guión: Carmen Font, Carmen Santos, Antoni P. Canet, Jorge Goldenberg, Xavi García-Raffi, Francesc Hernández e María Tomás, sobre unha idea de Carlos Cristos. Produción: Gorgos Films. Fotografía: Alejandro Pla. Duración: 94 minutos.
Documental sobre o médico Carlos Cristos, que aos 47 anos padece unha enfermidade terminal. Carlos chama a un amigo, director de cine, para que filme a súa loita pola dignidade no vivir e no morrer e, sen dramatismo e “se é posible cun sorriso”, transitar xuntos polo complexo escenario creado entre os límites da vida e da morte.