Lacrau
João Vladimiro, 2013
99'. DCP.
LACRAU
(Portugal, 2013)
Dirección e guión: João Vladimiro. Produción: Terratreme. Fotografía: Pedro Pinho. Duración: 99 minutos.
Lacrau (en portugués escorpión) comeza con esta frase: "Se a víbora puidera oír, e o escorpión ver, ninguén podería fuxir deles". Esa fatalidade reflicte a bipolaridade entre o campo e a cidade, e as formas en que ambos os dous son fascinantes e letais para o ser humano e a súa insaciable procura. Unha inmersión temeraria na vida no campo que ben podería ser unha viaxe ao propio subconsciente. Sen comodidades, en pugna e simbiose co animal e co vexetal, o medo e o asombro inundan este filme no que crueza e beleza se funden en cada plano.