![LA PROFECÍA DE LAS RANAS LA PROFECÍA DE LAS RANAS](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_924.jpg?itok=sUxh2L9i)
LA PROFECÍA DE LAS RANAS
Jacques-Rémy Girerd, 2003.
90´. Versión castelá. Entrada gratuíta.
LA PROFECÍA DE LAS RANAS / LA PROPHÉTIE DES GRENOUILLES
(Francia, 2003)
Dirección: Jacques Rémy-Girerd. Guión: Jacques Rémy-Girerd, Antoine Lanciaux e Iouri Tcherenkov. Fotografía: Benoit Razy. Produción: Folimage. Duración: 90 minutos.
Volve haber un diluvio universal. As ras profetizan a catástrofe e intentan avisar aos humanos. Dous adultos e dous nenos procuran refuxio nun enorme celeiro, unha arca improvisada na que reúnen os animais da granxa e os do zoo veciño. A escaseza de comida leva a que haxa queixas entre os animais carnívoros. Comezan os problemas e unha criatura maliciosa e traizoeira sementa o desacordo entre todos. Os nenos deberán demostrar unha incrible coraxe para deter a odiosa besta e evitar a extinción das especies superviventes.