LA MUJER ZURDA
Peter Handke, 1977.
113´. Subtítulos en castelán.
DIE LINKSHAENDIGE FRAU / LA MUJER ZURDA
(Alemaña, 1977)
Dirección e guión: Peter Handke. Produción: Road Movies Film Produktion e Wim Wenders Produktion. Fotografía: Robby Müller. Intérpretes: Edith Clever, Bruno Ganz. Duración: 113 minutos.
Os heroes do escritor Peter Handke son dous prototipos antagónicos: ou ben percorren o mundo nun exilio indefinido ou ancoran as súas vidas como animais sedentarios nun eterno compás de espera. Unha casada non encaixa na súa contorna; nai dun fillo de oito anos, pídelle ao marido que abandone o fogar para poderse reafirmar e educar ao fillo sen a súa axuda. A infelicidade maniféstase mediante un silencio espeso, introspectivo e unha estraña rebeldía: non ir máis alá, non indagar, non molestar, non acumular a dor para saboreala en privado. Inclúe intervencións de destacados intérpretes do cine europeo (Gerard Depardieu, Angela Winkler, Michel Lonsdale).