LA INFANCIA DE IVÁN
Andrei Tarkosvki, 1962
95´. Subtítulos en castelán.
IVANOVO DETSTVO / LA INFANCIA DE IVÁN
(Unión Soviética, 1962)
Dirección: Andrei Tarkovski. Guión: Vladimir Bogomolov e Mikhail Papava. Produción: Mosfilm. Fotografía: Vadim Jusov. Intérpretes: Nikolai Burijaev, Valentin Zubkov, Eugeni Zarikov. Duración: 95 minutos.
No crepúsculo da dolorosa II Guerra Mundial, un rapaz de doce anos, Iván, é recollido polas tropas soviéticas. Orfo, mortos seus pais a mans dos nazis, xura vingar a súa morte. Así, Iván arríscase a diario, exercendo de espía nas liñas inimigas dentro da campaña de avance cara a Berlín. A presentación en sociedade do director foi defendida por Sartre, que a reivindicaría fronte á ortodoxia política e intelectual oficial como “surrealismo socialista”, unha obra poética e conmovedora que obtén o León de Ouro en Venecia.