La ciudad de las mujeres
Federico Fellini, 1979
140'. Subt. galego.
LA CITTÀ DELLA DONNE / LA CIUDAD DE LAS MUJERES
(Italia-Francia, 1979)
Dirección: Federico Fellini. Guión: Federico Fellini e Bernardino Zapponi, coa colaboración de Brunello Rondi. Produción: Ópera Films Produzione (Italia) e Gaumont (Francia). Fotografía: Giuseppe Rotunno. Intérpretes: Marcello Mastroianni, Ettore Manni, Anna Prucnal. Duración: 140 minutos.
Unha posibilidade de colaboración con Bergman anos atrás que non calla, Love Duet, dá lugar a unha película de cada un dos mestres, respectivamente La carcoma e La ciudad de las mujeres. Título inzado de problemas e de difícil xestación, cunha rodaxe de oito meses, mortes de Ettore Manni e Nino Rota, cambios de produtor e guión, accidentes e doenzas, Fellini conta a viaxe onírica e surreal dun conquistador masculino, Snàporaz (Marcello Mastroianni) e a súa relación coas mulleres. Partindo das consecuencias da escena do harén de Ocho y Medio, o traxecto, de modo cómico, enlazará coas querenzas e obsesións do cineasta.