![La canción del mar / Song of the Sea La canción del mar / Song of the Sea](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3471.png?itok=ib77ofMZ)
La canción del mar / Song of the Sea
Tom Moore, 2014
93'. DCP. Versión castelá. (+6 anos). Entrada de balde
La canción del mar / Song of the Sea
(Irlanda, 2014)
Dirección: Tom Moore. Guión: Will Collins, Tom Moore. Animación (versión castelá). Dur.: 93'.
Ben e Saoirse viven nun faro, na parte máis alta dunha pequena illa, co seu pai, quen para protexelos dos perigos do mar envíaos a vivir coa avoa á cidade. Alí, Ben descobre que a súa irmá mais nova é unha Selkie, un fada do mar, unha nena foca que coa súa canción pode liberar os seres máxicos do sortilexio que lles fixo a Bruxa dos bufos. Nunha viaxe fantástica, Ben e Saoirse enfrontaranse a medos e perigos, e loitarán contra a Bruxa para axudar aos Seres Máxicos a recuperaren o seu poder. Segunda película do director Tomm Moore, onde, do mesmo xeito que fixera en El secreto del libro de Kells, mira de novo cara á mitoloxía, folclore e lendas irlandesas: as selkies, neste caso. Película complexa, canto á natureza, animación minuciosa, imaxe coidada, banda sonora de Bruno Coulais e o gupo folk Kíla, La canción del mar estivo nomeada aos Óscars como Mellor longametraxe de animación. Película recomendada para nenos a partir dos 6 anos.