KIPPUR
Amos Gitai, 2000
120’. Subtítulos en galego.
(Israel-Francia, 2000)
Dirección: Amos Gitai. Guión: Amos Gitai, Marie-Jose Sanselme. Produción: Amos Gitai, Michel Propper, Lauren Truchot / Agav Hafakot, Le Studio Canal+, MP Productions, R&C Produzioni, Telad, Tele Plus, Arte France Cinéma. Intérpretes: Liron Levo, Tomer Ruso, Uri Ran Klauzner, Yoram Hatab, Guy Amir. Dur.: 120 min.
6 de outubro do 73. É o día do Kippur e o país está en calma. Cando estala a guerra, dous amigos diríxense ao Golán para se reuniren coa súa unidade militar. Ao non atopala deciden integrarse nun grupo de socorristas do exército do aire. Un episodio autobiográfico no que Gitai “se desmarca constantemente do xénero ao que supostamente pertence: o cine bélico. En realidade non aparecen nin a guerra, nin as batallas nin a fronte. Empeza despois, no momento de rescatar os feridos e contar os mortos…” (Serge Toubiana).