Juan Moreira
Leonardo Favio, 1973
105'. DCP. Copia restaurada do Plan Recuperar de DAC- Directores Argentinos Cinematográficos e GOTIKA
Juan Moreira
(Arxentina, 1973)
Dirección: Leonardo Favio. Guión: Jorge Zuhair Jury e Leonardo Favio (Obra: Eduardo Gutiérrez). Fotografía: Juan Carlos Desanzo. Intérpretes: Rodolfo Bebán, Elcira Olivera Garcés, Edgardo Suárez, Jorge Villalba, Elena Tritek, Eduardo Rudy, Alba Mujica, Carlos Muñoz. Dur: 105'.
A finais do século XIX, o gaucho Juan Moreira é encarcerado por rebelarse contra os abusos dos poderosos. Enfróntase á policía e a súa historia é difundida entre paisanos e traballadores, obtendo o respecto e admiración do pobo. Porén, o seu prestixio fai que se converta nun comodín de guerra para os bandos dos xenerais Mitre e Alsina na chamada Revolución de 1874.