FROM THE JOURNALS OF JEAN SEBERG
Mark Rappaport, 1995
97´. Vídeo. Subtítulos en castelán. Presentación a cargo de Mark Rappaport. Entrada gratuíta.
FROM THE JOURNALS OF JEAN SEBERG
(Estados Unidos, 1995)
Dirección e guión: Mark Rappaport. Produción: Couch Potato Productions. Fotografía: Mark Daniels. Intérpretes: Mary Beth Hurt. Duración: 97 minutos.
Biografía imaxinaria (ou biopic de creación) sobre a actriz Jean Seberg (interpretada por Mary Beth Hurt). Como un relato en primeira persoa, Rappaport funde historia, política e teoría cinematográfica. A súa carreira como actriz, os matrimonios -entre eles co escritor Romain Gary-, a implicación política, con episodios tan coñecidos como o da súa relación cos Panteiras Negras, dan forma a un filme no que Rappaport convida ao espectador a reexaminar as súas ideas acerca da representación fílmica feminina e as iconas populares.