
Joi Baba Felunath / El dios elefante
Satyajit Ray, 1979
112'. DCP. Subt. galego.
JOI BABA FELUNATH / EL DIOS ELEFANTE
(India, 1979)
Dirección e guión: Satyajit Ray, sobre o seu propio relato Joi Baba Felunath. Produción: R.D. Bansal & Co. Fotografía: Sumendu Roy. Intérpretes: Sumitra Chatterji, Santosh Dutta. Duración: 112 minutos.
Acabados de chegar de vacacións a Benarés, Felu, Topse e Jotayu son contactados ao pouco para recuperaren unha valiosa talla de Ganesh, o deus elefante, unha figura roubada a unha rica familia de orixe bengalí. A investigación dá lugar a unha morea de sospeitosos. Unha divertida combinación de trama detectivesca e filme de aventuras recomendable para maiores de 12 anos.