JACQUOT DE NANTES
Agnès Varda, 1991
118´. Subtítulos en castelán.
JACQUOT DE NANTES (D´APRÈS LES SOUVENIRS DE JACQUES DEMY)
(Francia, 1991)
Dirección e guión: Agnès Varda. Fotografía: Patrick Blossier, Agnès Godard e Georges Strouvé. Produción: Canal Plus, CNC, Le Sept Arte, Sofiart e Cine Tamaris. Intérpretes: Philippe Maron, Edouard Joubeaud, Laurent Mournier. Duración: 118 minutos.
Tributo de Varda ao seu marido falecido. Parella súa ata o seu falecemento, a autora presenta unha evocación e recreación da súa infancia. Fascinado polas artes e o espectáculo (teatro, cine, monicreques, opereta) merca unha cámara e fai un filme afeccionado, ao tempo que crece nun taller onde a todos lles gusta cantar. Filmada en Nantes e á beira do Loira, esta deliciosa película foi presentada na Sección Oficial de Cannes 1991.