Inevitable
Jorge Algora, 2013
95'. DCP. Entrada de balde.
INEVITABLE
(España, 2013)
Dirección: Jorge Algora. Guión: Héctor Carré, Jorge Algora e Mario Diament, sobre unha obra deste último. Produción: Adivina Producciones. Fotografía: Suso Bello. Intérpretes: Darío Grandinetti, Antonella Costa, Federico Luppi, Mabel Rivera. Duración: 95 minutos.
O amor nas súas diversas etapas. Un executivo de banca, Fabián, entra en crise; a súa muller é psicóloga. Axudado por un escritor cego, Fabián forza unha relación cunha escultora, no que recoñece como un amor inevitable. Segunda longametraxe de Jorge Algora, logo de El niño de barro, un thriller emocional con reparto de luxo ambientado na Arxentina dos 80. Finalista do Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe.