The indian boundarie line
Thomas Comerford, 2010.
41´. Vídeo. Subt. Galego.
THE INDIAN BOUNDARIE LINE
(Estados Unidos, 2010)
Dirección, guion, produción e fotografía: Thomas Comerford. Duración: 41 minutos.
Durante os últimos oito anos, o cineasta e músico Thomas Comerford dedicouse a contemplar o armazón social e político de Chicago coa súa cámara (Figures in the Landscape, 2002; Land Marked/Marquette, 2005). The Indian Boundary Line continúa a serie de películas seguindo a estrada de Chicago “Rogers Avenue” que marca a fronteira entre os Estados Unidos e o “territorio indio”, delimitada polo Tratado de San Luis de 1816. Comerford captura o contraste entre o espazo xeográfico e o simbólico. Por medio de reflexións e xustaposicións visuais, revela como os espazos e a súa historia determinan a vida dos seus habitantes e as relacións entre eles.