
INDEPENDENCIA
Raya Martin, 2009
77´. Subtítulos en galego.
INDEPENDENCIA
(Filipinas-Francia-Alemaña-Holanda, 2009)
Dirección: Raya Martin. Guión: Raya Martin e Ramón Sarmiento. Produción: Arte France Cinéma, Cinematografica, Atopic Films, Razor Films, Volya Films. Fotografía: Jeanne Lapoirie. Intérpretes: Sid Lucero, Alessandra de Rossi. Duración: 77 minutos.
O precoz (nado en 1984) director filipino Raya Martin segue coa súa reescritura da Historia (real e cinematográfica) filipina. Segunda parte da súa triloxía sobre esta nación, Martin conforma un exercicio de reelaboración e subversión a todos os niveis que neste caso cadra coa ocupación estadounidense do territorio -en A short film about the indio nacional era a etapa de dominación española- ao tempo que establece unha imitación do cine do momento axudando a re-crear as pisadas dunha inexistente tradición mediante unha narración poética que adopta os modos da crónica familar.