ICH BIN ENRIC MARCO
Santiago Fillol e Lucas Vermaal, 2009
100´. Vídeo. Presentación a cargo do director Santiago Fillol. Entrada gratuíta.
ICH BIN ENRIC MARCO / EU SON ENRIC MARCO
(España, 2009)
Dirección: Santiago Fillol e Lucas Vermal. Produción: Intermedio e Corte y Confección de Películas. Fotografía: Marc Gómez del Moral. Duración: 100 minutos.
Maio de 2005 depara unha nova sorprendente: Enric Marco, presidente da principal asociación española de deportados na II Guerra Mundial, Amical Mathausen, divulgador da memoria da Gran Guerra, non estivera xamais nos sitios descritos nos seus elocuentes parlamentos. Marco (Barcelona, 1921), convicto na Alemaña nazi por actividade antifascista e detido pola Gestapo, nin siquera fora prisioneiro do campo de concentración de Flossenbürg, do que ofrecera detallados e convincentes relatos. Marco, actor-narrador a tempo completo regresa aos acontecementos que delimitan a súa vida visitando os lugares vividos e tamén os espazos descoñecidos da súa ficción establecida en 2007. Suxestiva e metafísica road-movie moral con reflexións metacinematográficas presente nos certames de Las Palmas e Locarno.