HISTORIA DE UN CONDENADO
Raoul Walsh, 1953
83´. Subtítulos en castelán.
THE LAWLESS BREED / HISTORIA DE UN CONDENADO
(Estados Unidos, 1953)
Dirección: Raoul Walsh. Guión: Bernard Gordon, sobre a vida de John Wesley Hardin. Produción: 20th Fox. Fotografía: Irving Glassberg. Intérpretes: Rock Hudson, Julie Adams, John McIntire. Duración: 83 minutos.
O famoso bandido John Wesley Hardin conta a súa vida ao xornal local despois de saír do cárcere. Os seus problemas cun pai ultrarrelixioso, as primeiras partidas de cartas e tiroteos, os roubos e fuxidas por diversos estados, o amor pola súa media irmá, unha existencia marcada pola lei que ditan as armas de fogo. Fascinante narración que mestura intres pastorais e sentido tráxico-fatalista.