
Hadaka no shima / La isla desnuda
Kaneto Shindô, 1960
98'. 16mm. VO sen diálogos. Presentación: Oliver Laxe
Hadaka no shima / La isla desnuda
(Xapón, 1960)
Dirección e guión: Kaneto Shindô. Fotografía: Kiyoshi Kuroda. Intérpretes: Taiji Tonoyama, Nobuko Otowa, Shinji Tanaka, Masanori Horimoto. Dur: 98'.
La isla desnuda é unha fascinante temperá hibridación de documental e ficción que leva a un importante extremo a focalización dos primeiros filmes de Shindô na clase traballadora de Xapón. Crónica tan épica como íntima do día a día e dos sacrificios dunha familia de campesiños nunha illa remota do Mar Interior de Seto, este filme tan internacionalmente aclamado revitalizou o legado dos Hombres de Arán de Flaherty e dividiu fondamente os críticos occidentais, cunha maioría que abrazou a poética etnográfica de Shindô, en canto outros, abandeirados por Pauline Kael, criticaron o filme polo seu lascivo exotismo. Hoxe en día o uso innovador de Shindô de non-actores que poñen en escena as súas propias vidas semella adiantado ao seu tempo, como tamén é innovador o uso dunha exuberante e modernista banda sonora e a práctica ausencia de diálogo – outra salientable actualización e reinvención do realismo literario de Flaherty.
(Harvard Film Archive)