
The Great Northwest
Matt McCormick, 2012
70'. Vídeo. Subt. Galego.
THE GREAT NORTHWEST
(Estados Unidos, 2012)
Dirección, guión, produción e fotografía: Matt McCormick. Duración: 70 minutos. En 1958 catro mulleres de Seattle iniciaron unha viaxe que as levaría a percorrer, ao longo duns 5.000 quilómetros, todo o noroeste dos Estados Unidos. Cincuenta anos despois o cineasta Matt McCormick atopou nun mercado benéfico un álbum de recortes que documentaba aquela viaxe. The Great Northwest é o testemuño da súa propia viaxe seguindo o mesmo itinerario de 1958 e certificando os cambios da paisaxe e costumes operados á altura de 2010.