The French Connection / The French Connection, contra el imperio de la droga
William Friedkin, 1971
104'. HD. Subt. Castelán. Entrada de balde
The French Connection / The French Connection, contra el imperio de la droga
(Estados Unidos, 1971)
Dirección: William Friedkin. Guión: Ernest Tidyman. Fotografía: Owen Roizman. Intérpretes: Gene Hackman, Roy Scheider, Fernando Rey, Tony Lo Bianco, Marcel Bozzuffi. Dur: 104'.
Os policías de narcóticos de Nova York Jimmy “Popeye” Doyle e Buddy “Cloudy” Russo frustran un plan para introducir grandes cantidades de heroína nos EUA a través dunha conexión marsellesa.
Baseado no libro de Robin Moore sobre a conexión francesa, un plan da mafia corsa que nos anos sesenta e setenta logrou traficar exitosamente con importantes alixos de droga nos Estados Unidos, o guión do filme e unha montaxe endemoñada cativou a público e crítica. O filme gañou cinco Óscars e recadou 127 millóns de dólares entre a venda de billetes e VHS, unha fortuna para a época.
O papel do xefe mafioso, Alain Charnier, foi parar ás mans de Fernando Rey. O actor coruñés ofrece unha das súas interpretacións máis memorables en Hollywood.