Foreign parts
Verena Paravel e Jean-Paul Sniadecki, 2010.
80’. Vídeo. Presentación a cargo do crítico Martin Pawley. Subt. Castelán. Entrada gratuíta.
FOREIGN PARTS
(Estados Unidos, 2010)
Dirección, producción e fotografía: Verena Paravel e Jean-Paul Sniadecki. Duración: 80 minutos. Agochado tras o flamante estadio dos New York Mets, sobrevive o vecindario de Willets Points, unha zona industrial a piques de ser demolida. Sen beirarrúas nin legalidade urbanística, sen alcantarillado, o lugar parece preparado para o seu futuro desenvolvemento urbano. Pero o filme descobre un espazo cheo de vida, unha comunidade sostida sobre a precariedade, a reutilización e a recuperación dos materiais e obxectos que non interesan á sociedade. Gran Premio en Punto de Vista 2011 logo de ser premiada en Locarno (Opera Prima).