Women Make Film (3)
- 120 minutos
Unha serie dirixida por Mark Cousins e que para a súa proxección no CGAI se divide en sete partes de dúas horas cada unha. Conformada internamente por un total de 40 capítulos ou epígrafes, a serie recompila un milleiro de fragmentos de filmes realizados por mulleres. Esta terceira entrega da serie recolle os capítulos comprendidos entre o 12 e o 17 e trata as seguintes cuestións: madureza/infancia; economía; montaxe; punto de vista; primeiro plano e surrealismo e soños.
-
Women Make Film (3)
Entrada de balde.
- Ano:2018
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Mark Cousins
- Montaxe: Timo Langer
- Produtora(s): Dogwoof Digital, Hopscotch Films