
Reivindicando a María Victoria Moreno
Reivindicando a María Victoria Moreno
- 35 minutos
O noso obxectivo principal é elaborarmos un documental didáctico destinado ao xeral da cidadanía, en que as voces dos participantes ofrezan información concreta sobre María Victoria. Este material está complementado con material de arquivo no que podemos vela na pantalla, rescatar a súa imaxe, conectar coa persoa e entender así mellor a súa psicoloxía e a súa vida dedicada á docencia e á literatura galega.
Entre algúns dos participantes figuran os familiares máis directos: o seu viúvo Pedro Ferriol e a súa filla Begoña Llácer Moreno; amigos moi próximos, biógrafos e expertos como Xavier Senín, Fina Casalderrey, Os Titos, Isabel Soto, Marilar Aleixandre, Francisco Castro, Montse Pena Presas, David Otero ou Antonio García Teijeiro, así como exalumnas e compañeiras de traballo no IES Torrente Ballester. (Millo Filmes)
- Ano:2018
- Países de produción: España
- Guión: Gonzalo E. Veloso
- Fotografía: Santiago Teijelo Vázquez
- Montaxe: Gonzalo E. Veloso
- Produtora(s): Millo Filmes