Qué le pasó a mi Johnny
Isabel Linma, Alber Ponte
- 14 min.
Ela chámase Verónica. Todas se chaman Verónica. El é un poli, acábase de afeitar o bigote e interesanlle moito as pegadas dactilares das mulleres que pisan forte.
Ela aprendeu a ler as raias da man en México porque viaxando se aprende moito. El escoita a Miguel Ríos e odia ó seu barbeiro porque cando lle tinta o pelo nunca consegue o rubio que lucía aquel tipo na peli das ratas blindadas do deserto.
Eu chámome Alber Ponte, e gústanme as mulleres que falan de home a home, e os polis que teñen unha lembranza, verdadeira ou non, que case ninguén sabe.
Verónica, o poli e máis eu fixemos unha película e a titulamos Qué le pasó a mi Johnny porque sabemos que a Johnny pasoulle algo, e que probablemente existen poderosas razóns para contalo.
Eu chamome Alber Ponte e a pesar das ideoloxías, as sagradas gramáticas, o péndulo da subvención e o medo a triunfar nesta terra de linchamentos, seguirei facendo cine.
- Ano:1993
- Países de produción: España
- Guión: Alber Ponte
- Fotografía: Enrique Laguna
- Montaxe: Guillermo Maldonado
- Produtora(s): Sierra Madre