
Nocturno: fantasmas de mar en puerto
Mauro Recchi, Marina Moreira
- 92 minutos
Tras 80 días pescando quenlla no Atlántico Sur, o pesqueiro galego de bandeira portuguesa ILHA BRAVA volta ao lúgubre porto de Montevideo para descargar toneladas de faena. A tripulación, comandada por galegos e operada por indonesios e senegaleses, confróntase co espectro dun fogar que xa os esqueceu, que se prostra como un holograma imposible de tocar, de posuír.
- Ano:2017
- Países de produción: España
- Guión: Álvaro Fernández-Pulpeiro
- Fotografía: Mauricio Reyes Serrano
- Produtora(s): A Cuarta Parede