Nargess
نرگس
Farimah Farjami, Abolfazl Poorarab, Atefeh Razavi, Reza Karam Rezai, Nayereh Farahani, Baran Kosari, Vajihe Loghmani, Niousha Noor
- 100 min.
Adel, un xove ladrón, vive con Afagh, unha muller de mediana idade de tortuoso pasado. Tras coñecer a Nargess, unha xove moi humilde, Adel decide casar con ela para fuxir do círculo de delincuencia que hai en torno a Afagh.
- Ano:1992
- Países de produción: Irán
- Guión: Rakhshan Bani Etemad
- Fotografía: Hossein Jafarian
En Nosferatu n° 19, Cine e Islam
María Luisa Ortega
Cuarta longametraxe da cineasta iraní Rakhshan Bani-Etemad, Nargess supuxo cando menos unha inesperada sorpresa no panorama do cine iraní contemporáneo. Sen romper a liña de temática social que veu caracterizando ó cine realizado neste país desde a Revolución Islámica, e en especial aquel dirixido por mulleres, do que Bani-Etemad é o seu mellor representante, Nargess presenta un amargo melodrama ambientado nos baixos fondos urbanos que fixo lembrar a moitos os máximos exponentes da producción cinematográfica no Irán das décadas dos anos 60 e 70, onde o recurso a personaxes errantes e solitarios, que habitaban sórdidas e humildes casas, desesperados antiheroes que compartían destino con outros aínda máis desesperados, convertíase no vehículo de protesta contra a situación social contemporánea estrangulada polo contexto político. Nargess representa, neste senso, unha nada compracente ollada á violencia cotiá que rodea a existencia de sectores marxinais da sociedade urbana iraní, proxectada nun microcosmos enmarcado por dous sensibilidades femíninas moi diferentes.