Maso et Miso Vont en Bateau
Simone de Beauvoir, Bernard Pivot, Françoise Giroud, Delphine Seyrig
- 57 minutos
Resposta do colectivo de vídeo feminista Les Insoumuses (Nadja Ringart, Carole Roussopoulos, Delphine Seyrig & Ioana Wieder) a un programa de televisión. O 30 de decembro de 1975 a canle francesa Antenne 2 emitiu Encore un jour et l’Année de la femme, ouf! C’est fini (Un día más y el año de la mujer ¡Uf! Se acabó) onde o presentador Bernard Pivot convidou a Françoise Giroud, Secretaria de Estado de Asuntos da Muller. A formulación era moi sinxela: Giroud tiña que comentar diferentes fragmentos onde varias personalidades facían declaracións sobre mulleres. Les Insoumuses consideraron indignante a actitude de Giroud con comentarios como “hai mulleres ás que lles gustan os homes misóxinos” e decidiron facer unha parodia da emisión onde, entre risas, remontan o programa con imaxes da manifestación do 8 de marzo, introducen comentarios, cancións ou bromean. A película acaba cunha frase escrita á man que marcará a identidade do colectivo e anunciará a capacidade emancipadora do vídeo: “Ningunha imaxe televisiva quere nin pode representarnos. Nosoutras expresámonos co vídeo”.
- Ano:1975
- Países de produción: Francia
- Guión: Les Insoumuses
- Produtora(s): Les Insoumuses