Maria by Callas
Maria Callas: in her own words
- 119 minutos
O director, Tom Volf, pasou tres anos investigando sobre a vida da cantante de ópera María Callas, un proceso no que recuperou material inédito e que ten por certo a súa continuidade nun filme de estrea nestas datas, 1958 Callas – París (2023). No documental de 2017 establece un retrato íntimo da vida e o traballo da lexendaria soprano. Con testemuñas da propia Callas, o magnate Aristóteles Onassis, actores como Marilyn Monroe, Alain Delon, Grace Kelly ou Elizabeth Taylor, o modisto Yves Saint-Laurent, os cineastas Pier Paolo Pasolini ou Luchino Visconti e estadistas como John Fitzgerald Kennedy ou Winston Churchill, entre outras personalidades que coñeceron á diva.
Unha colaboración con Amigos de la Ópera de A Coruña con motivo do centenario de María Callas.
-
Fóra de serie
Maria by Callas
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPPresentación a cargo de Amigos de la Ópera de A Coruña. Entrada de balde.
- Ano:2017
- Países de produción: Francia
- Guión: Tom Volf
- Fotografía: Janice Jones
- Produtora(s): Elephant Doc, Petit Dragon, Unbeldi Productions, France 3 Cinéma, Ciné+, France Télévisions