Magallanes
Magalhães
Gael García Bernal, Dario Yazbek Bernal, Ângela Ramos, Amado Arjay Babon, Ronnie Lazaro
- 165 min.
Biopic sobre Fernão de Magalhães narrado en tres episodios: a súa expedición a Malaca en 1511; a súa vida en Lisboa en 1513 para financiar a apertura dunha ruta ás Indias polo Pacífico; e finalmente a mesma, a bordo das carabelas, que acabou pagando a coroa española e partiu en 1519.
Resultou unha empresa exitosa. Aínda que Magalhães morrería en combate en Filipinas en 1521, o seu capitán Juan Sebastián Elcano logrou completar a primeira circunvalación ao mundo, regresando san e salvo a España en 1522. O océano Pacífico segue a levar o nome que lle dou Magalhães, pola calma e os ventos favorables que atopou nel.
A fita, escrita e dirixida polo filipino Lav Díaz, escapa de toda aproximación triunfalista para compor un relato sen épica, de ton realista e reflexivo, como é habitual no seu cinema. Sempre interesado en abordar de xeito crítico os acontecementos políticos que teñen marcado a historia do seu país, retrotráese con Magalhães ás orixes do colonialismo occidental no sueste asiático. Aínda que parta de terras foráneas, é este un episodio máis dese gran fresco histórico sobre Filipinas que é a súa filmografía.
Coprodución internacional de orzamento máis avultado que decotío, dá vida ao explorador a estrela mexicana Gabriel García Bernal. Con produción do catalán Albert Serra, o seu habitual director de fotografía, Artur Tort, realiza para Diaz un traballo de extrema beleza plástica.
-
Crítica do filme
Àngel Quintana (Caimán. Cuadernos de cine)
-
MAGELLAN: A Conversation with Lav Diaz and Gael García Bernal
Moderación de Josh Gardner (American Film Institute)
Tráiler do filme
Avance cinematográfico VOSE



