
La verbena de la Paloma
Miguel Ligero, Roberto Rey, Raquel Rodrigo, Charito Leonís
- 74 min.
O tipógrafo Julián e a modista Susana son noivos. Julián está celoso porque Susana e a súa irmá, Casta, van á verbena da Paloma co rico e luxurioso farmaceútico don Hilarión.
-
Huellas de luz. Cen anos de cine español
La verbena de la Paloma
Versión lingüística:VOFormato:35mm.
- Ano:1935
- Países de produción: España
- Guión: Benito Perojo, Pedro de Repide
- Fotografía: Fred Mandel
Comentario polo centenario do cine. Ciclo Huellas de luz.
José Luis Téllez
Penetrado dun alento populista saudablemente republicano, a cinta de Perojo transmite amáis fonda solidariedade cara a uns personaxes proletarios cun conflicto minúsculo que se describe e valora en todo momento desde a inequívoca perspectiva de clase, patente mesma no modo exemplar en que se poñen en escena os núme musicais: tal sucede coa famosa romanza de Julián, trapiccuda á imprenta na que está empregado para -a través dunha pertinente montaxe de atraccións digna do mellor cine ruso- xustapoñela coa escena do taller onde Susana cose, ligando con antirromántica radicalidade o intimismo dos sentimentos co escenario público da colectividade productiva. Servido por intérpretes excepcionais, veteranos algúns deles da versión teatral (como Miguel Ligero o Selica Pérez Carpio, celebrada Susana antes de crear a súa memorable Señá Rita), o film é unha obra de beleza deslumbradora, que exhibe un refinamento en vestiario, decorados e «atrezzo» fillos dun deseño de producción de insuperable altura profesional, que recrea a teatralidade desde unha nova perspectiva para articular unha dramaturxia irreductiblemente cinematográfica de minuciosa e traballada historicidade, pero tamén lucidamente exenta da menor nostalxia.