
La película infinita
La película infinita
- 54 minutos
Fragmentos de películas arxentinas inconclusas serven para construír esta especie de historia paralela do cine. Como a través dun espello roto, os restos daquilo que no seu momento non puido ser volven á vida para brindar imaxes tan oblicuas e fascinantes como as dun soño. (BAFICI)
En colaboración con Filmadrid.
- Ano:2018
- Países de produción: Argentina
- Guión: Leandro Listorti
- Montaxe: Felipe Guerrero
La película infinita
Agustín Masaedo
Todas as películas son infinitas (os seus sentidos, as olladas que reciben, sono) e ningunha película, evidentemente, é infinita. As rodaxes incompletas, os proxectos cancelados ou interrompidos a medio camiño –as películas in-finitas–, ocupan un lugar singular nese paradoxo; unha sorte de estado límbico dende onde son invocados, xustamente, por La película infinita. A sabedoría e a nobreza da película de Listorti cífranse na forma desa invocación, que non ten un afán arqueolóxico, senón outro lúdico, refinado e romántico: atopar o máis fascinante dos moitos relatos posibles (e as posibilidades, como as películas ou ao contrario delas, son infinitas) para eses fragmentos de cine, sen forzalos a saír do seu limbo nin imporlles, faltaba máis, conclusións de tipo ningún. (Agustín Masaedo, catálogo BAFICI 2018)