La Parra
Alfonso Míguez, Pilar Souto, Lorena Iglesias, Emilio Buale, Alberto Gracia, Francisco Nogueira
- 90 min.
Damián volve a Ferrol pola morte de seu pai logo de moito tempo fóra. Sen un peso, alóxase na pensión La Parra, morada de individuos deixados de lado pola sociedade. Coa cidade incomunicada polo accidente da plataforma petrolífera Discoverer Enterprise, que botou abaixo a ponte das Pías, Damián séntese atrapado nun lugar que semella suspendido no tempo.
O ferrolán Alberto Gracia asina o filme máis persoal e narrativo da súa carreira. O incidente acaecido en 1998 serve como metáfora da insularidade mental dunha cidade que vive en permanente estado de embriaguez pesimista. Unha cidade que, golpeada polo paro e a droga, polos estragos que esta causou, vive traumatizada nun eterno retorno de culpabilidade, pena e autodestrución. Unha cidade que poucas veces se permite xa soñar, pero que moitos experimentan como un mal soño. Non estamos en 1998, aínda que se mencione o suceso. Pode ser antes, pode ser despois. Ferrol como un espazo liminal insidioso, como sacado do fervor onírico máis pesadelesco dun inspirado David Lynch. Twin Peaks. Un espazo no que operan forzas malignas, que non parten senón do máis profundo das nosas feridas almas.
-
Ciudad alieanada
Carles M. Agenjo (El antepenúltimo mohicano)
Tráiler oficial
VO



