Galegos de adopción: de Xerusalén ás terras de Santiago
- 55 min.
Este é un proxeco de serie para televisión que pretende a súa continuidade con outros 12 títulos representativos da realidade doutros tantos grupos humáns afincados en Galicia, ben sexan procedentes das propias comunidades autónomas, ben do exterior. Que a comunidade Palestina, e non outra, sexa o obxecto do capítulo piloto quere simbolizar as arelas últimas do programa: soldar cultural e humanamente mesmo o que estivo máis afastado, mesmo aquilo que máis ca unirse nas marxes do camiño de Santiago, se separaba.
-
Produción galega
Galegos de adopción: de Xerusalén ás terras de Santiago
Versión lingüística:VOFormato:Vídeo
- Ano:1994
- Países de produción: España
- Guión: Colectivo «O Trinque»
- Produtora(s): Vídeo Zetra Servicios Audiovisuales, S.L.
Comentarios á sesión
Vídeo Zetra
Alguén dixo que xudeos, irlandeses e galegos foran as tres comunidades máis migrantes da historia. Sempre resulta dificil de comprobar este tipo de afirmacións dado o ir e vir incesante dos pobos ó longo dos tempos. Mais se as cantidades son imprecisas, non o son a significatividade dos feitos. E non se pode ocultar que o feito migratorio imprimiu caracter en Galicia. Quizais por elo debéramos entender mellor ca ninguén a historia humana que se agacha tralas vidas desa morea de sureños africanos e latinos que encamiñan os seus pasos cara ó norte industrializado.
Están a chegar ás nosas costas e os nosos interiores emigrantes senegaleses, arxentinos, marroquinos... Dárlle-la oportunidade de presentarse, dar a coñecer como son, como sinten e que pensan, e abrirlles unha porta, ¡cando son tantas as que unha Europa en crise ten a tentación de pechar! foi a cerne desie proxecto que aquí se presenta.
A solidariedade humán é un concepto creador e plural do que debe se-la cultura galega, levounos á conclusión de que a nosa terra non só debe preserva-la identidade, senón tamén creala e enriquecela cos aportes de todos aqueles que veñen vivir entre nós. Sexan coñecidos próximos ou foráneos estraños. Esta dimensión non é nova e xa no medievo Galicia exercitou este pensamento e esta praxis que a cotío lle propuñan os homes e mulleres chegados polo camiño de Santiago. Técnica, arte, música, literatura, historia, comercio, xeografía, pensamento, viñeron a fertiliza-la nosa cultura e amplia-los horizontes que nos enmarcaban. Esta lección intelixente de respeto e convivencia debe ser hoxe recreada de xeito que xentes, en principio estrañas, podan tecer unha cultura común que as faga, ó final, achegadas.