
Fritzi. Un cuento revolucionario
Fritzi - Eine Wendewundergeschichte
- 86 min.
Alemaña do Leste, 1989. O muro que divide o país en dúas metades está a piques de derrubarse. Fritzi, de doce anos, coida de Sputnik, o cachorro da súa mellor amiga Sophie, mentres ela está de vacacións coa súa familia en Hungría. Mais chega o outono e comeza o colexio e Sophie non regresou. Fritzi e Sputnik inician unha aventura para atopala. Os seus pasos lévanos a descubrir as manifestacións que se repiten en Leipzig e a entender que está a pasar no seu país.
Unha película emocionante, impregnada da atmosfera da época e historicamente precisa que retrata a caída do muro desde a perspectiva dunha nena.
-
Filmoteca Júnior
Fritzi. Un cuento revolucionario
Versión lingüística:VEFormato:DCPEntrada de balde. (+8 anos)
- Ano:2019
- Países de produción: Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, República Checa
- Guión: Beate Völcker, Péter Palátsik, Hannah Schott
- Montaxe: Stefan Urlaß
- Produtora(s): Balance Film, TrickStudio Lutterbeck GmbH, Doghouse Films, Artémis
-
Crítica do filme
Ştefan Dobroiu (Cineuropa)
Tráiler
Versión castelá