
Flesh City
Christian Serritiello, Eva Ferox, Maria Hengge
- 85 minutos
Flesh City é un lugar hostil mais con grandes clubs… onde non só o ritmo palpita. Nun destes templos do baile, situado nun local industrial abandonado, Vyren enrédase con Loquette. Xuntos exploran as entrañas do sitio e caen na trampa do Profesor Yagov, o científico louco residente, quen prende os perdidos e drogados fashion victims. Yagov introdúceos na mutilación e na violencia que acabará infectando toda a cidade. Decontado todo o mundo en Flesh City estará conectado… a través da carne.
Flesh City é un cabalo de Troia. Comeza coma unha película de xénero mais deriva devagar na manipulación da mente dos espectadores. Haste decatar de que ti es a auténtica vítima do científico tolo da película. Tras o seu espectacular final, un só pode alegrarse de como a súa mente foi alterada e descubrir o auténtico propósito do filme.
Proxéctase coa curtametraxe: Tinder Time (Olga Ossorio, 2019) 8' España.
-
FKM 2019. Festival de Cinema Fantástico da Coruña
Flesh City
Sen límites/Concurso Internacional de Longametraxes. Presentación. Entrada gratis
- Ano:2019
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Thorsten Fleisch