Father and His Three Sons - The Bartos Family (Private Hungary 1)
- 60 min.
Embarcado nunha ambiciosa serie chamada Private Hungary (Hungría privada), Forgács reuniu filmes caseiros de cidadáns de Budapest e remodelounos en elexíacos retratos dun lugar e os seus habitantes. Estas convincentes obras adoitan analizar a desaparecida cultura burguesa dos anos 30 e 40 e funcionan como etnografía poética. Destilando horas de fitas caseiras en reconstrucións líricas, Forgács intervén sutilmente na metraxe, reordenando secuencias, manipulando a súa duración, puntuándoas con música alegre. (...) Father and His Three Sons segue a Zoltan Bartos e a súa familia ao longo de 30 anos. Aquí, as pequenas cerimonias da vida familiar están envolvidas por unha calma melancólica, que nega as convulsións políticas que se producen en toda Europa. (Steve Seid, San Francisco International Film Festival)
-
Tres miradas sobre o imaxinario fílmico
Father and His Three Sons - The Bartos Family (Private Hungary 1)
Versión lingüística:VOFormato:VídeoUsos privados 1
- Ano:1988
- Países de produción: Hungría