Encontro con Paco Calvo
- 60 min.
Nesta nova sesión do ciclo ‘Territorios mutantes’, previo á proxección de Silent Friend, último traballo da cineasta húngara Ildikó Enyedi, presentado na SEMINCI, contaremos coa presenza de Paco Calvo. Especializado no estudo da intelixencia vexetal, é Catedrático de Filosofía da Ciencia e director do Laboratorio de Intelixencia Mínima da Universidade de Murcia. Con el penetraremos nos recentes traballos e avances da ciencia que revelan que as plantas poden tomar decisións, aprender, lembrar ou comunicarse.
- Ano:2025
- Países de produción: España